A EOI Ourense recoñecida eTwinning School
A EOI Ourense vén de obter a distinción de eTwinning School 23-24 xunto con outros cinco centros galegos. Deste xeito, o noso centro é recoñecido como líder no desenvolvemento de proxectos eTwinning, nos que levamos participando dende o curso 2019-2020 co obxectivo de acadar a internacionalización da EOI.Estes proxectos promoven o contacto con outro alumnado e profesorado europeo, permitindo o coñecemento da realidade europea e o emprego das linguas de estudo nun contexto real de comunicación internacional.Os centros eTwinning: Contan con recoñecemento no ámbito europeo como modelos de uso de eTwinning e forman unha rede de centros educativos punteiros que inspirará o futuro desenvolvemento destes programas. Contan cunha gran visibilidade no ámbito europeo e coa posibilidade de incluir o seu selo de centro eTwinning en todos os seus materiais de comunicación e informativos. Son recoñecidos como centros punteiros en: Uso de ferramentas dixitais. Prácticas de segurida