EXPERTOS INVITADOS


A Escola Oficial de Idiomas de Ourense acadou este ano a Acreditación Erasmus+ tras máis de 10 anos coordinando e implementando proxectos europeos a través deste programa.

Dentro no noso primeiro proxecto acreditado Erasmus+ 2023-1-ES01-KA121-ADU000120322, obtivemos financiación para contar no noso centro coa presenza de dous expertos estranxeiros. Trátase de dous profesionais turcos, Ümit Yel e Kezban Uygur, especializados en competencia dixital docente.  O primeiro é o coordinador de ensinanzas TIC na rexión turca de Baliksir e ten unha ampla experiencia en ensino de STEM, robótica, Intelixencia Artificial, programación informática e, en xeral, todos os temas relacionados coa tecnoloxía no eido educativo. A segunda é unha profesora de lingua inglesa com moita experiencia en implementación de proxectos internacionais e que traballa actualmente nun centro de ensino secundario de excelencia que ten implantados programas internacionais como o SAT (Scholastic Aptitude Test), o AP (Advanced Placement), que permiten ao seu alumnado o acceso a universidades de todo o mundo e outros programas de gran prestixio como TOEFL, Model United Nations ou Tedx Talks.

Ademáis do traballo que van realizar na nosa EOI, e co obxectivo de que a comunidade educativa ourensá se beneficie ao máximo da presenza deste expertos, estes van impartir varios seminarios en centros educativos da provincia.

Ambos impartirán algún seminario na Escola Oficial de Idiomas de Ourense, centro anfitrión, e terán tamén a oportunidade de visitar outros centros da contorna para observar boas prácticas.


Animamos a toda a a comunidade educativa a participar.


Luns, 13 de novembro

Comezou cunha visita ao IES Chamoso Lamas, no Carballiño. 
Alí foron recibidos con moito agarimo polo director do centro, Juan Aurelio Rodríguez Rodríguez, a xefa de estudos de adultos, Susana Cadórniga, e a profesora de inglés Yasmín Maghnie. 
Ümit Yel impartíu un seminario sobre a presenza da robótica no ensino turco e salientou o impulso que o goberno deste país lle está dando a esta disciplina entre a xuventude a través da organización de diversas competicións e xuntanzas e mesmo invitou ao alumnado do Grao Superior en robótica a participar neste tipo de encontros nos que cada equipo presenta o seu proxecto robótico.
Kezban Uygur impatíu un seminario ao alumnado de bacharaleto sobre o sistema educativo turco e sobre o instituto no que ela traballa e animou á comunidade educativa do Chamoso Lamas a colaborar con eles nun proxecto Erasmus+ en común. Esperamos que este desexo se poida cumprir.
A continuación, os expertos invitados percorreron as instalacións do centro e tiveron a opotunidade de compatir tempo co profesorado e o alumnado de diversos ciclos formativos. Quedaron encantados coa visita  e impresionados coa calidade do equipamento e a baixa ratio profesorado-alumnado, o cal, sen dúbida, favorece unha aprendizaxe individualizada.


O IES Chamoso Lamas agasallou a Ümit Yel e a Kezban Uygur cuns presentes

 

Ümit Yel inspecciona o taller de automoción do IES Chamoso Lamas


Kezban Uygur imparte un seminario sobre o sistema educativo turco ao alumnado de bacharelato do IES Chamoso Lamas

Polo tarde, os expertos invitados trasladáronse a EOI de Ourense e coñeceron ao profesorado e as nosas instalacións. A profesora Kezban visitou varios grupos de C2 de inglés coa profesora Julia González, mentres que o profesor Ümit impartíu un seminario sobre o aproveitamento de Google Workspace no ámbito educativo.


Ümit Yel xunto con profesorado e alumnado da EOI: Ana Belén Rodicio, Lucía Gil, Montse Gregorio e Germán López

Martes, 14 de novembro

O martes foi moi intenso para os nosos expertos invitados.
Pola mañá visitamos o centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros. Alí foron recibidos pola directora do centro, Marta Vázquez Guzmán, polo xefe de área de innovación aplicada, Javier Gutiérrez e pola profesora de biotecnoloxía Aurora Salgado. Todos eles foron explicando a Ümit e Kezban os diferentes departamentos e o impresionante equipamento deste centro que está á vangarda da innovación educativa.









Neste encontro focalizado no ensino de Formación Profesional, tamén estiveron presentes a directora do IES Ribeiro, Ana Belén Álvarez, e a súa profesora de inglés, Alexia Eiras, que fixo unha magnífica labor de interpretación e a profesora de análisis sensorial e catas, Liliana Lafuente, que agasallaron cunha impresionante cata de diferentes variedades de aceite de oliva virxe extra galego.
Asi mesmo, estivo presente unha representación do CIFP Vilamarín, que incluía a súa directora, Eva Fachado,  os profesores de bombonería, Manuel Garea e de panadería, Manuel Cordido, así como a coordinadora de formación e innovación Natividad Neira. Este centro aportou á cata uns deliciosos pans e bombóns que axudaron a apreciar as cualidades organolépticas dos diferentes aceites.




Pola tarde,  Kezban Uygur visitou varias clases de inglés coas profesoras Ana Ramos e Belén Hernández e Ümit Yel impartíu un seminario na EOI sobre como sacarlle o máximo aproveitamento á intelixencia artificial no ensino.





Mércores, 15 de novembro

No día de hoxe, recibimos na escola a visita do Xefe Territorial da Consellería de Educación, D. Jorge Rubén Sampedro Grande, e da Inspectora de Educación, Dª Yolanda Cadórniga, que viñeron a coñecer e saudar aos nosos expertos invitados, Ümit Yel e Kezban Uygur.

Ademáis, tamén contamos coa presenza do director do IES Chamoso Lamas, D. Juan Aurelio Rodríguez e a xefa de estudos de adultos, Dª Susana Cadórniga, a directora do IES Ribeiro, Dª Ana Belén Álvarez, o director do CEIP Padre Crespo, D. Xabier Pérez, a directora do CPR Divino Maestro, Dª Belén Girón e a directora do IES Blanco Amor, Dª Magalí Baladrón. Dende o Equipo Erasmus+, queremos agradecerlle a todos estes profesionais a súa disposición para colaborar co noso proxecto e esperamos que froito desta colaboración poidan xurdir novas oportunidades Erasmus+ para todos eles na Rexión de Balikesir.




A continuación, Kezban impartiu un seminario sobre os sistema educativo turco.




E Ümit impartiu outro seminario sobre a política nacional turca en relación á mellora da competencia dixital.





Venres, 17 de novembro

Hoxe foi un día tranquilo. Pola mañá Kezban visitou varias clases de C2 e C1 de inglés e traballou con este alumnado acompañada do profesor Matt Loboy e a profesora Lucía Gil. Pola súa parte, Ümit impartiu ao noso alumnado e profesorado un seminario sobre Apps educativas e o seu aproveitamento na clase.
Pola tarde, visitaron Santiago de Compostela e quedaron fascinados pola súa beleza.

Sábado, 18 de novembro

Os profesores Ana Rodicio, Ana Ramos e Matt Loboy, todos eles bos coñecedores de Balikesir, acompañaron ós nosos expertos invitados a facer unha ruta polo Arenteiro para que tamén disfrutaran da nosa marabillosa natureza galega. Unha vez máis, estiveron encantados e admirados da riqueza do noso fermoso país, Galicia.



Domingo, 19 de novembro

Kezban e Ümit quixeron visitar a cidade de Porto e pasaron o día nese fermoso lugar en compañía da directora da escola e da irmán dunha vella coñecida da EOI, Yeliz Aldemir, socia nosa en varios proxectos Erasmus. Hülya Aldemir está realizando unha investigación de doutoramento na Universidade de Porto e resultou ser a guía perfecta para coñecer todos os recunchos "off the beaten track" da cidade.


Martes, 21 de novembro

De novo un día moi intenso para Ümit e Kezban.
Pola mañá, visitaron o IES O Ribeiro, en Ribadavia, concretamente o edificio Abrente, onde foron recibidos pola Directora do centro, Ana Belén Álvarez, e pola profesora Alexia Eiras, quen actuou como intérprete, así como a Xefa de Estudos da sección da EOI en Ribadavia, Patricia Conde.
Alí puideron ver os talleres dos Ciclos Formativos Básico, Medio e Superior de Automoción da man do profesor José Antonio Fernández.

    


Xa dentro do Departamento de Industrias Alimentarias, Ümit e Kezban visitaron as instalacións do Ciclo Formativo Grao Medio de Aceites de Oliva e Viños e do Ciclo Formativo Superior de Vitivinicultura. A profesora Marta García Cruz explicoulles todo o relativo ao proceso de análise dos produtos elaborados para cumprir coa normativa vixente e tamén para acadar a mellor calidade.


  

Tamén puideron visitar a bodega na que se almacenan os produtos elaborados no IES.



Por último a mañá rematou da mellor maneira posible: cunha cata de viños na que os nosos expertos invitados tiveron ocasión de comprobar a excelente calidade destes produtos. As organizadoras das catas foron as profesoras Liliana Lafuente e Cristina Mantilla.



Pola tarde, de volta a Ourense, os nosos expertos invitados visitaron o IES Blanco Amor e tiveron un encontro co alumnado STEM organizado pola profesora Montse Prieto, excelente compañeira, que tamén impartiu aulas no departamento de inglés da EOI. Kezban explicoulles moitas cousas sobre Turquía, o seu sistema educativo, o traballo que realizan no seu centro educativo e a importancia dos idiomas estranxeiros para o seu alumnado e mantivo unha charla coas alumnas de STEM, que están realizando unha investigación sobre Lingüística literaria baseada no análisis de corpus.
Pola súa parte, Ümit, realizou unha práctica de robótica co alumnado STEM BACH de Ciencias, que están traballando en dous proxectos, un de control de orientación de paneis solares dun mini satélite e outro de detección de incendios forestais con drons automatizados. Este alumnado estivo acompañado de dúas profesoras de física e química Dolores Fernández e Nuria Trigueros que coordinan ambos proxectos.




Mércores, 23 de novembro

Hoxe foi un día moi especial para os nosos expertos. Ademáis de continuar co seu traballo na Escola, tiveron unha audiencia no Concello de Ourense coa Concelleira de Educación, Tamara Silva. Ümit e Kezban tiveron a oportunidade de charlar distendidamente con ela e quedaron fascinados pola beleza da Casa Consistorial e, especialmente, o Salón de Plenos.



Xoves, 23 de novembro

No día de hoxe Ümit e Kezban continuaron impartindo seminarios na EOI. Aquí podemos ver a Kezban traballando na aula da profesora Alicia del Río.









Comentarios