A EOI OURENSE recoñecida eTwinning School
A EOI Ourense vén de obter a distinción de eTwinning School 23-24 xunto con outros cinco centros galegos. Deste xeito, o noso centro é recoñecido como líder no desenvolvemento de proxectos eTwinning, nos que levamos participando dende o curso 2019-2020 co obxectivo de acadar a internacionalización da EOI.Estes proxectos promoven o contacto con outro alumnado e profesorado europeo, permitindo o coñecemento da realidade europea e o emprego das linguas de estudo nun contexto real de comunicación internacional.Os centros eTwinning:
Contan con recoñecemento no ámbito europeo como modelos de uso de eTwinning e forman unha rede de centros educativos punteiros que inspirará o futuro desenvolvemento destes programas.Contan cunha gran visibilidade no ámbito europeo e coa posibilidade de incluir o seu selo de centro eTwinning en todos os seus materiais de comunicación e informativos.
Son recoñecidos como centros punteiros en:
- Uso de ferramentas dixitais.
- Prácticas de seguridade en liña.
- Enfoques didácticos innovadores e creativos.
- Fomento do desenvolvemento profesional continuado do persoal.
- Fomento das prácticas de aprendizaxe cooperativa co persoal e alumnado.
Os centros así recoñecidos participan en programas de desenvolvemento profesional específicos e poden interactuar nun grupo eTwinning para poñer en común as boas prácticas, para colaborar entre sí e para asistir a actividades en liña dedicadas.
O noso centro leva participando en distintos proxectos eTwinning durante os últimos cinco cursos. Poden consultarse na web da EOI: http://www.edu.xunta.gal/centros/eoiourense/taxonomy/term/242
Comentarios
Publicar un comentario