ECO-SOCIAL APPROACH. Environmental Education in Finland

 



Pablo Alonso
Helsinki
2023


Luns

Comezamos con exercicios para coñecernos mutuamente , coñecer os nosos nomes e facer equipos. Levou o seu tempo debido a que parte do grupo non dominaba o inglés, co cal precisaban da axuda doutros compañeiros para comunicarse. A pesar deso, o grupo conecta ben. Compañeiros de Italia, España, Bulgaria e Polonia acompañaranse esta semana xunto coa nosa profesora Mia Torttila.
Cada participante presenta a súa escola e tamén fai unha breve reflexión sobre a situación e problemática medioambiental do seu lugar de orixe.
A docente Mia, tamén aproveita a ocasión para amosarnos diferentes lugares que podemos visitar no noso tempo libre durante a semana do curso.


Martes


O martes foi un día bastante teórico, no que Mia nos amosa o funcionamento xeral dos sistema educativo finés en tódalas súas fases, desde a primaria ata a universidade. Facemos unha comparativa ca situación nos nosos paises. Posteriormente, a través de legos e por parellas, deseñamos a nos escola ideal.




Mércores

O mércores voltamos ter unha primeira parte da sesión teórica e unha segunda parte práctica. Traballamos actividades a través dunha perspectiva ecolóxica, véndonos sempre como unha parte máis do sistema e non como a cúspide da cadea alimentaria. Tamén levamos a cabo outra interesante actividade chamada Meaningful Memory, na que se buscou que os participantes profundizáramos no respeto á natureza a través dos nosos sentidos.
Por último, visitamos a Biblioteca Nacional de Helsinki. Sen dúbida, o que persoalmente me pareceu máis interesante.



Xoves

O xoves visitamos a illa de Mustikkamaa, onde a través de diversas actividades realizadas en equipo, como teatro ao aire libre, conectar con árbores ou, a visita ao horto público, tratamos de conectar ca natureza.




Venres

Comezamos cunha chuvia de ideas sobre como por en práctica o movemento sustentable, compartindo a docente un cartaz con actividades ZERO-Waste para traballar co alumnado nas aulas. Tamén levamos a cabo unha actividade chamada Phenomenon- Based Learning, para deste xeito por en contexto o traballado durante esta semana.

Despois deste divertido momento creativo, chega o paso final: entrega de certificados e fotos.




Comentarios