Climate Change and Global Citizenship Education

 








Florence: August 7 – August 12 2023

Rui Manuel Ferro dos Santos

Nome do curso: Climate Change and Global Citizenship Education
Formadora: Tamara Slovinská
Data de asistencia: do 7 ao 12 de agosto de 2023
Local: Europass Teacher Academy – Via dei rustici, 7, Florence, Italy
Número de horas: 30 horas

Resumo da actividade



Horario xeral:

Día 1 - Introdución ao curso.

Día 2 - Educación para a cidadanía global.

Día 3 - Educación sobre o cambio climático.

Día 4 - Inxustiza, desigualdade e pobreza.

Día 5 – Creación dunha proposta de acción climática.

Día 6 - Peche do curso.

 

Descrición do curso:

As cuestións globais como o cambio climático son cada vez máis urxentes e as escolas teñen unha responsabilidade cada vez maior ante a necesidade de educación do alumnado sobre estes temas.

Este curso adopta unha perspectiva global sobre os temas do desenvolvemento sostible, as pegadas ecolóxicas, a xustiza global e a pobreza e o modo como estes inflúen e están influenciados polo cambio climático.

Ao adoptar un enfoque interdisciplinar, este curso recoñece as contribucións dos profesores de todas as materias e idades á acción climática significativa (cada módulo explora as causas fundamentais dos desafíos globais e constrúe os coñecementos, valores, actitudes e habilidades que os profesores necesitan para empoderar aos seus estudantes).

 

Obxectivos de aprendizaxe:

Involucrar aos estudantes en temas de cidadanía global como a xustiza, a desigualdade, o desenvolvemento e o clima.

Conectar a educación climática e para a cidadanía co coñecemento da materia.

Guiar aos estudantes para que comprendan como as accións persoais están conectadas co mundo máis amplo.

Deseñar estratexias prácticas para ensinar aos estudantes sobre as pegadas de carbono, os Obxectivos de desenvolvemento Sostible da ONU e a acción climática.

Usar actividades centradas no alumno, traballo en grupo e TIC para axudar aos estudantes a desenvolverse como cidadáns do mundo.

Dirixir accións climáticas eficaces nas súas aulas e escolas, de xeito significativo para os estudantes.

 

Reflexións diarias do curso:

07/08/2023

A xornada inicial consistiu nun conxunto de actividades destinadas á presentación do profesorado participante, procurando coñecer os puntos comúns de interese  (What do we have in common?), así como o que nos diferencia.

O aspecto máis relevante foi a reflexión sobre a necesidade de envolver os alumnos en espazos de integración, a través da creación de proxectos de educación para a cidadanía global (inclusión, tolerancia, etc.) e de sustentabilidade ambiental, re-avaliando a nosa relación coa natureza. Para rematar a sesión, falouse dos cambios climáticos profundos e das súas consecuencias a nivel ambiental (quecemento global, polución, etc.).

A nivel de clases, esta temática será abordada nos niveis B2 e C1, que imparto este curso, permitindo unha reflexión inter-temática (política, sanidade, ecoloxía, entre outras), e o desenvolvemento de algún léxico específico. Actividades individuais e/ou de parella, están previstas, con suporte audiovisual, e poden ser efectuadas en calquera nivel, coa adaptación adecuada.

 

08/08/2023

Seguiuse coa presentación do profesorado. Destácase que a maioría dos participantes imparten clases a nivel de ensino primario e secundario, non habendo ningún representante dunha escola coas nosas características. Deste xeito, o persoal involucra ó seu alumnado en proxectos ecolóxicos (hortas ecolóxicas, creación de animais como galiñas, cabras, etc.) e promociona a utilización, sempre que posíbel, da enerxía solar como recurso enerxético (paneis solares).

Destacouse a importancia de sensibilizar aos alumnos, desde pequenos, para esta temática, co obxectivo de potenciar cambios de mentalidade con repercusións futuras. Como punto de especial destaque, falouse no uso das TIC como elemento contaminante (que facer coas computadores e coas impresoras inutilizadas?), con enfoque no feito de as propias redes sociais produciren demasiado CO2.

O público participante reflicte un tipo de ensinanza moi distinto ao que facemos nas EEOOII, e cun alumnado menor de idade, polo que a abordaxe do tema deberá ser adecuada ás características coas que habitualmente traballamos (esencialmente teórica, reflexiva e de sensibilización).

 

 

09/08/2023

Concluíuse coas presentacións do profesorado e das respectivas escolas e ambientes socioculturais. Seguiuse unha abordaxe máis complexa dos elementos que conforman os cambios climáticos, con destaque para os seguintes puntos:

·         Explotación excesiva dos recursos naturais.

·         Exceso de consumo.

·         Produción excesiva de artigos de consumo.

·         Capitalismo (consecuencias do...).

·         Urbanismo descontrolado.

·         Fallas de xestión dos recursos agrícolas.

·         Estilo de vida apresurado.

·         Obsolescencia programada.

·         Produción e utilización excesiva de embalaxes.

·         Deforestación.

·         Fallos de xestión a nivel de políticas de transporte.

 

En clase, estes tópicos poden abordarse de forma integrada, por exemplo, nunha táboa de causas e consecuencias da globalización. Poden efectuarse carteis para unha exposición na escola e/ou para divulgación a través de recursos informáticos.

 

10/08/2023

Nesta sesión, tomamos contacto con algunhas referencias importantes sobre esta temática (véxase o apartado Referencias, no final do informe):

·         Rachel Carson (denuncia o uso de pesticidas  na década de sesenta);

·         The Limits to Growth (Donella Meadows e outros; constitui unha alerta para os límites do sistema global);

·         The Limits and Beyond (Dennis Meadows e outros; reflexiona sobre o que os humanos estamos facendo ao planeta coa excesiva explotación de recursos);

·         Cradle to Cradle: Remaking the Way We Make Things, (no seu libro de 2002, o arquitecto William McDonough e o químico Michael Braungart presentaron unha integración de deseño e ciencia que proporciona beneficios duradeiros para a sociedade a partir de materiais seguros, auga e enerxía nas economías circulares e elimina o concepto de residuos).

 

Como recursos para a ensinanza, podemos utilizar a páxina web indicada no apartado Recursos educativos e cursos de formación, no final do informe), onde poderemos atopar, despois de que nos rexistremos, unha ampla gama de materiais e actividades, todos en Inglés, o que implica unha tradución e/ou adaptación dos mesmos aos distintos idiomas impartidos na EOI.

 

11/08/2023

Último día de clase.Realizouse unha visita práctica ao xardín Elio Chianesi, onde se toma contacto con algunhas actividades destinadas e entender  a perspectiva circular (recliclaxe, reutilización, etc.) dos recursos do planeta, por oposición á perspectiva linear (producir à utilizar à contaminar).

Comentouse a existencia de compañías cuxas estratexias de marketing son falsamente ecolóxicas, co obxectivo de aumentar o consumo e a formadora presentounos unha aplicación informática destinada a calcular a pegada ecolóxica (indicada no apartado Referencias, no final do informe).

Rematouse con algunhas conclusións, nomeadamente a necesidade de:

·         Acadar unha maior eficiencia enerxética (cambios dos métodos de construción).

·         Economizar água a través de tecnología informática (waternet).

·         Aumentar a plantación de árbores (controle da temperatura).

·         Utilizar medios de transporte sostibles (a bicicleta, p.e.).

·         Combinar distintos recursos enerxéticos para a produción de enerxía.

·         Incrementar o uso de tecnoloxía LED nos semáforos e na iluminación pública.

·         Instalar as empresas agrícolas máis cerca das cidades (reducir distancias e facilitar transporte de produtos, con menor contaminación).

·         Criar sistemas de permacultura (tipo de sistema de deseño agrícola, con connotacións sociais, políticas e económicas. Na súa base están os principios do ecosistema natural, onde se intenta seguir adecuadamente os ritmos ambientais naturais, sen forzalos en ningún momento).

12/08/2023

Visita guiada á rexión vinícola de Chianti (sesión optativa á que non asisti; para máis información, véxase o enlace en Recursos educativos).

 

Estes puntos de reflexión poden ser abordados en clase, sobre todo nos niveis Intermedio e Avanzado, para traballo individual e/ou de parella, co obxectivo de estimular as producións escrita e oral.

Nota: A posibilidade de desenvolver un proxecto sustentable para escolas é contemplada abaixo, nunha versión metodolóxica dispoñible en Inglés (véxase o apartado Anexos).

 

Aloxamento:

Situado nun antigo palacio na Via de Cerretani, nº 2, Mezzanino, no centro de Florencia, o apartamento inclúe baño, fiestras a patios interiores (con moi pouca luz natural), aire acondicionado, cociña equipada, lavadora, sofá, xogos de toallas, roupa de cama, sala de estar, táboa de pasar o ferro, TV de pantalla plana, sofá cama e desinfectante de mans. Tamén ofrece wifi gratuíto.

Por outra banda, non dispón de aparcamento, o que supón un dos maiores problemas, xa que só é posible aparcar nalgún dos varios aparcadoiros de pago que hai nas inmediacións do casco histórico. En todo caso, a distancia entre o aloxamento e o centro de formación é curta (uns 900 metros), o que permite realizar un agradable percorrido a pé.

 

Restaurantes:



A formadora presentou unha lista de algúns dos mellores lugares para comer (restaurantes e osterias - tabernas), indicados no taboleiro, así como algúns dos mellores destinos para visitar durante a estancia. Cómpre sinalar, no que respecta ao consumo alimentario, que os lugares da contorna da catedral son, por excelencia, máis caros, dada a importante representación turística que está presente a diario. Neste caso, recoméndase optar polos restaurantes próximos ao Mercado Central, situados a só cinco minutos do aloxamento, onde os prezos son en xeral máis accesibles.

Visitas recomendadas:

Ademais dos destinos indicados na imaxe (Places to visit - ver foto), queremos destacar a importancia de percorrer a cidade a pé, descubrindo así a maraña histórica desta cidade, un auténtico museo ao aire libre.

Tamén é posible alugar bicicletas nalgún dos numerosos comercios existentes, sendo este un dos medios de transporte máis utilizados dadas as características da cidade: rúas estreitas, rectas, sen desnivel acentuado na zona histórica (se optas pola visita ao Forte di Belvedere, onde hai que subir un outeiro, xa que esta fortificación está construída nunha zona elevada con vistas á cidade, é obvio que non se recomenda o uso da bicicleta).

A nosa proposta para os amantes da arte é a Galleria degli Uffizi. Alberga un dos museos máis antigos e famosos do mundo, sendo posíbel realizar un audio tour polas obras máis significativas, en varios idiomas. Dividido en varias salas ordenadas por escolas e estilos en orde cronolóxica, o museo exhibe obras do século XII ao XVIII, coa mellor colección do mundo de obras renacentistas de artistas como Cimabue, Caravaggio, Leonardo da Vinci, Miguel Anxo, Rafael, Andrea. Mantegna, Tiziano, Parmigianino, Peter Paul Rubens, Rembrandt, Giovanni Battista Pittoni, Canaletto e Sandro Botticelli.

 Fig 1.- Ritratto dei Duchi di urbino (1465); Piero Della Francesca



Fig 2.- La Nascita di Venere (1485); Sandro Botticeli

 

Referencias (formación):

Rachel Carson: https://www.acs.org/education/whatischemistry/landmarks/rachel-carson-silent-spring.html

The Limits to Growth (Donella Meadows e outros): https://www.clubofrome.org/publication/the-limits-to-growth/

Cradle to Cradle: Remaking the Way We Make Things, (William McDonough e Michael Braungart): https://mcdonough.com/cradle-to-cradle/

 

Recursos educativos e cursos de formación:

Recursos para a ensinanza: https://worldslargestlesson.globalgoals.org/

Paseio cultural á rexión vinícola de Chianti:

 https://www.canva.com/design/DAFajPwYwbA/DfGMF1J56NKlV3NMbmbnRQ/view?utm_content=DAFajPwYwbA&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=sharebutton

 

Calculadora de pegada ecolóxica: https://www.footprintcalculator.org/home/en

 

Máis de 300 cursos Erasmus para profesores de toda a Europa

(aquí atópanse cursos de formación docente de alta calidade e un socio Erasmus+ fiable):

https://www.teacheracademy.eu/

https://www.teacheracademy.eu/course/environmental-education/

 

Información turística:

Visitas guiadas (Uffizi Gallery – suxestión persoal):

https://www.viator.com/tours/Florence/Uffizi-Gallery-Guided-Tour-Skip-The-Line-Entrance/d519-31070P14

Europass tips on Florence (consellos Europass sobre Florencia):

https://www.europassitalian.com/stay/tips/

Alquiler de coche (para visitar outras cidades e puntos de interese):

https://arguscarhire.com/#/searchcars

Aparcadoiros:

https://www.viajarflorencia.com/aparcamientos/

 

 

Anexos



















Comentarios