APRENDIZAXE POR OBSERVACIÓN (Jobshadowing) en TURQUÍA

 

Participantes:

Nancy Casielles

Ana Rodicio

Alicia Del Río

Luns, 30 de outubro 2023



Un grupo de profesoras da nosa escola (Nancy Casielles, Ana Rodicio e Alicia Del Río) visitan varios organismos de xestión de Educación na provincia de Balikesir en Turquía (Il Milli Egitim Müdürlugu).
Este traballo enmárcase no proxecto Erasmus+ Dilemma. 

Neste caso trátase dunha actividade de aprendizaxe por observación (Jobshadowing).



Martes, 31 de outubro 2023




Hoxe visitamos a escola para adultos KARESI HEM. 
Vimos as clases de tapices, arte, primeiros auxilios e educación infantil. 



Posteriormente Alicia e Ana acompañamos ao profesor de inglés na súa aula.


Ademais tamén visitamos o centro OBIDEV, onde a súa directora Fatma Tabanli nos mostrou un centro modernísimo e con multitud de recursos para atender a alumnado con autismo.











Mércores, 1 de novembro 2023



Hoxe visitamos varias autoridades educativas locais, rexionais y nacionais que amablemente nos mostraron as suas instalacións e manifestaron o seu  interés en colaborar connosco en futuros proxectos educativos.



Visitamos tamén un centro de secundaria de excelencia: SIRRI YIRCALI ANADOLU LISESI



 
Ali vimos as instalacións, completísimas e moi modernas, e tivemos a oportunidade de cambiar impresións co director, o profesorado e o alumnado.









Xoves, 2 de novembro 2023





Hoxe seguimos visitando centros e observando diversas labores educativas.
Visitamos un centro para mulleres en risco de exclusión social no que tivemos ocasión de ver os talleres de artesanía e as medidas de apoio que se levan a cabo, como atención psicolóxica e formación en saúde.

Dende aquí están facendo una gran difusión da nosa visita. 



Venres, 3 de novembro 2023



Hoxe tivemos a oportunidade de charlar co Alcalde da área metropolitana de Balikesir, 
Sr. Yucel Yilmaz, que ademáis é o Presidente da Federación de Municipios de Turquía.

Asistimos tamén a un acto da Conferencia Internacional de Ciudades por el Avance en los Objetivos de Desarrollo Sostenible, con representación de participantes de varios continentes.


Por outro lado seguimos con algunhas visitas máis a diversos centros educativos.























Comentarios