2023 - SELO NACIONAL DE CALIDADE para o proxecto "The Way Game"


 

Durante o curso 2022-23 as profesoras Nancy Casielles, Alicia del Rio, Marta Hernández e Patricia Conde participaron nun proxecto eTwinning en colaboración co Liceo científico G. Banzi Bazoli de Lecce (Italia) con alumnado de ambos centros. Este proxecto desenvolveuse dentro do Plan Proxecta+ da Xunta de Galicia na modalidade "Patrimonio cultural europeo en colaboración co programa eTwinning" e ven de acadar o Selo Nacional de Calidade que se une ao xa acadado durante o mesmo período polo proxecto Nach Frauen benannte Strassen, desenvolido polas profesoras Patricia Conde, Carmen Rodríguez e Sandra Sanmiguel.

Parabéns para as profesoras e o alumnado participante.




Comentarios