Digitale Medien im Deutschunterricht


Kurs in Lindau (Deutschland)

bei DIALOGE 
die Sprachschule am Bodensee


Participantes:

Luns, 16 de outubro de 2023


Primeiro día de curso. 
Coñecimos as instalacións, aos formadores y aos demáis alumnos do centro. 
Repartiron o material do curso e presentáronos aos compañeiros.





Martes, 17 de outubro de 2023

No curso mostráronsenos distintas Apps para implementar nas nosas aulas.
Tivemos a oportunidade de experimentar con elas gracias a unha tablet que se nos proporcionou a cada un de nos.





Mércores, 18 de outubro de 2023

O curso deunos a ocasión de coñecer a outros docentes de lingua alemá de outros países europeos. 
Neste caso aparecemos na foto cunha compañeira húngara de Budapest.
Intercambiar aspectos culturais dos distintos lugares parécenos moi enriquecedor.





Xoves, 19 de outubro de 2023

O curso tamén contaba cun programa cultural co que poidemos participar nalgunha pequena excursión ao rematar as nosas clases.
Organiza ditas actividades Stanislao Macarone, encargado desta parte cultural dentro de DIALOGE.




Venres, 20 de outubro de 2023

O derradeiro día tivemos ocasión de poñer en práctica o aprendido con estudiantes de alemán de distintas partes do mundo (USA, Italia, Francia, Suecia ...).
Fui unha experiencia realmente enriquecedora. 






Finalmente foron nos entregados os diplomas de participación.
Moitas grazas aos nosos formadores Alex e Veronika. Aprendemos moito con eles.






DANKE!

















Comentarios